Mostrando entradas con la etiqueta Feira do Grelo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Feira do Grelo. Mostrar todas las entradas

Galicia Gastro participará na XXXVI Feira do Grelo de As Pontes a través do seu membro GastroyPolitica


Galicia Gastro participará na XXXVI Feira do Grelo de As Pontes a través do seu membro GastroyPolitica

Na súa  XXXVI edición incorpóranse as actividades máis tradicionais, como o concurso de grelo e degustación, propostas novidosas.

Nesta ocasión estarán presentes as food trucks (camionetas ambulantes con comida a pé de rúa) que terán como protagonistas do seus pratos os grelos. Este espazo gastronómico abrirá as súas portas o sábado 6 ao mediodía e durante a xornada da Feira , domingo 7 estará rodeado de postos de alimentación nos que se poderá disfrutar de diferentes queixos, repostería elaborada con fariña de castaña, grelos envasados, marrón glacé, herbas aromáticas e culinarias así como produtos de horta con certificado ecolóxico entre outras suxerencias culinarias.

Para rematar temos unha presentación das diferentes variedades de grelos de Galicia e a preparación e conservación dos grelos a cargo do Cociñeiro Antonio Díaz Calvo.




Programa

Sábado 6 febreiro

• Ao mediodía apertura do espazo gastronómico con Food trucks na rúa Ramón Cabanillas que contará con animación musical a cargo da Fanfarria Taquicardia

Domingo 7 de febreiro

Recinto da feira: entorno do colexio Sta María

• 8.00h Concursos para cestas de grelos

• a partir das 10.30h apertura de:

• Espazo gastronómico con Food Trucks e postos de produtos alimentarios.

• Mostra da asociación galega de razas autóctonas

• Mostra da asociciación de froita autóctona do eume

• Mostra de artesanía e torneado de talla de madeira.

• 11.00h Da horta ao prato. O cociñeiro Antonio Díaz Calvo presenta variedades de grelos e propostas de cociña elaboradas con ese produto. 1º planta da

• 12.30-15h Degustación de cocido e sobremesa con queixo da Faeira e mel de Goente.


• 19.00h XIII FESTIVAL DE COMPARSAS. Auditorio cine Alovi