Hoxe comeza en Vilanova de Arousa E-Cociña no Camiño


  


1 de outubro de 2021. Hoxe abre en Vilanova de Arousa un novo proxecto posto en marcha pola Xunta de Galicia e Xacobeo 21-22. Un novo proxecto de promoción do Camiño de Santiago e a hostalería e gastronomía da nosa Comunidade Autónoma, que ao mesmo tempo tenta ser un escaparate para a promoción dos nosos produtos do mar, da nosa agricultura e da nosa gandería. 

O propósito é aproveitar esta magnífica ocasión que nos proporciona o Ano Xacobeo e o seu poder de convocatoria para mellorar a calidade do traballo dos nosos hostaleiros, da súa oferta gastronómica, e tendo sempre a sustentabilidade como punto de partida no horizonte. O programa a desenvolver ten como obxectivo proxectar a nosa cultura, a nosa gastronomía, as nosas paisaxes, os nosos produtos, o traballo da nosa xente dentro e fóra de Galicia.

A esta primeira xornada asistirán o Vicepresidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda, a Directora Xeral de Turismo, Nava Castro, a Subdirectora Xeral de Pesca, Marta Villaverde, o Tte. de Alcalde do Concello de Vilanova de Arousa, Javier Tourís, e contará coa presenta de varios alcaldes dos Concellos do Camiño, como o de o Concello de Valga, Jose M. Bello,  e o de Catoira, Alberto García.

É unha idea marabillosa que espero recollan as outras Comunidades que atravesa o Camiño, xa que o Camiño De Santiago é unha ruta de peregrinos que veñen de todo o mundo que o percorren, o gozan e logo o falan. E xa se sabe que o boca a boca é o mellor, o máis fructífero, así como o máis barato dos anuncios.

Dende a Revista de Turismo de Galicia felicitamos á Xunta de Galicia, a súa Dirección Xeral de Turismo con Nava Castro á fronte e aos autores dunha idea tan magnífica para este proxecto que hoxe ve La Luz.

O proxectoE-Cociña no Camiño

Objetivos

• Promover a mellora dos establecementos hostaleiros situados no Camiño de Santiago, dende un punto de vista de sustentabilidade, así como da calidade da súa oferta gastronómica. 

• Trasladar a imaxe do Camiño como escaparate para a proxección da nosa cultura gastronómica e como eixo vertebrador dos produtos de calidade diferenciada que se atopan ao longo da xeografía galega. 




Organización do programa 2021


O programa componse de 3 bloques principais de acción, que xa se están a desenvolver ao longo do 2021: 

Programa de formación: 

Dirixido aos establecementos das diferentes rutas do Camiño. Entre os seus contidos principais atópanse a sustentabilidade (na restauración e no sector primario), a biodiversidade galega (animal e vexetal), as certificacións de calidade no sector produtivo e a eficiencia e seguridade alimentaria. 


Estudo gastronómico do Camiño: 

Estudo de campo para localizar a biodiversidade no Camiño, as súas receitas tradicionais e identificar os establecementos hostaleiros salientables por boas prácticas. 

Este estudo complementarase cun labor de acompañamento aos establecementos na procura da mellora do estrato medio da hostalería do Camiño. 


Accións: 

Mapeo de produtos nas rutas do Camiño: 

Identificación e localización nas diferentes rutas da riqueza de produtos con selo de calidade diferenciada, diversidade vexetal e animal. 


Mapeo da restauración sustentable do Camiño: 

Definiuse unha mostra inicial de preto de 200 restaurantes. Nela priorizouse aos restaurantes localizados en concellos de menos de 5.000 habitantes, ademais dos distinguidos con Estrella Michelín, Sol Repsol ou aqueles certificados por organizacións de produtores como PescadeRías, Ternera Gallega, Boaga ou CRAEGA (independentemente da dimensión do concello). 

A todos eles realizóuselles unha enquisa para valorar o grao de cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible na súa actividade. Seleccionando aos 100 mellor puntuados para participar nesta pri- meira fase do proxecto. 

A enquisa supón en si mesma unha folla de ruta para a mellora individual de cada negocio de hostalería, en base ao seu grao de cumprimento e calificación obtida na mesma. 


Promoción de Écociña no Camiño: 

Os restaurantes participantes figurarán no sitio web de Turismo de Galicia para a promoción da campaña Écociña no Camiño e participarán en diferentes actividades. Comunicaranse como casos de éxito no labor de sensibilización do conxunto da hostalería galega. 

Ademais da comunicación da campaña por parte de Turismo de Galicia, contémplanse as seguintes actividades 


Eventos de lanzamento no Camiño 

(outubro 2021): 

Tres microeventos localizados en puntos naturais destacados do Camiño, nos que se trasladará aos medios de comunicación e líderes de opinión a finalidade da campaña. Estes eventos incluirán un obradoiro de cociña centrado nos produtos e receitas de cada ruta. 

1 de outubro 

Catamarán, Vilanova de Arousa 

Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla Camiño Portugués 

12 de outubro 

Secadoiro de Congro, Muxía 

Camiño Fisterra e Muxía 

16 de outubro 

Adega Ronsel do Sil, Barxa, Ourense 

Camiño de Inverno 




Eventos de lanzamento nos mercados de abastos 

(outubro 2021): 

Insistiremos na importancia de abastecemento con produtos locais nos mercados de proximidade. A acción desenvolverase ao longo dunha semana en tres localizacións do Camiño e estruturarase en dúas fases; primeiro, no propio Camiño, ofrecendo aos peregrinos degustacións gratuítas nunha prazaneta; segundo, nas propias prazas de abastos, durante as tardes. 


6 de outubro 

Capela de Santa Marta (Ponte Arnelas) Praza de abastos de Vilanova de Arousa Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla 


8 de outubro 

Praza Maior de Seixalbo Praza de abastos de Ourense 

Vía da Prata 


9 de outubro 

Parking Gratuíto Baiona 

Praza de abastos de Baiona 

Camiño Portugués da Costa 



Evento de promoción de Écociña no Camiño 

(novembro 21): 

Gran evento central coa participación de todos os actores da campaña. 

Este evento gastronómico estruturarase en diferentes postos de degustación, organizados segundo as rutas do Camiño. Cada ruta, á súa vez, disporá de distintos puntos de parada que darán cabida aos seus pro- dutos e cociñeiros/as máis salientables. Este último evento será de maior dimensión, coa presenza de autoridades, axentes do propio sector e líderes de opinión. 


Accions a futuro


No 2022 plantéxase a revisión do cumprimento de requisitos entre os restaurantes participantes no 2021 e a incorporación de 50-100 novos restaurantes en Galicia. 

Do mesmo xeito, proponse como un proxecto interautonómico, podendo Galicia convidar a participar a outras comunidades autónomas do Camiño de Santiago. 

Luisondome #Gastronomía y #Turismo de #Galicia 2.0

Equipo de bloggers que promocionan la #gastronomía y el #turismo de #Galicia desde el 2.0

No hay comentarios :

Publicar un comentario