Recollerá
tamén a distinción das únicas Q de Calidad concedidas para Galicia ás oficiñas
de Pontevedra e Armenteira e presentará un libro coas festas de interés e as
praias con bandeira azul
O presidente da
Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou hoxe en rolda de prensa que
Turismo Rías Baixas acudirá a Fitur dentro do stand de Turgalicia cunha
presenza propia tanto do organismo como dos concellos.
Louzán anunciou que,
ademáis doutros actos que se están ultimando, o día 28,
Dia de Galicia no que estará o presidente da Xunta, Núñez Feijoo, será a
presentación da oferta de turismo das Rías Baixas e dos concellos da provincia
a 150 touroperadores, representantes de axencias e operadores turísticos de
todo o mundo, no Hotel Eurostarstowers, de Madrid.
Ao dia seguinte, o
29, a Secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego, e o presidente do
Instituto para la calidad turística española, Miguel Mirones Díez, farán
entrega á Deputación dos dous únicos distintivos Q de Calidade que se
concederon en Galicia a oficiñas de turismo, as dúas de Turismo Rías Baixas: a
situada no Palacete das Mendoza e a do Mosteiro de Armenteira.
O día 30,
finalmente, será presentado no Stand de Turismo de Galicia o produto <Rías
Baixas, azul, playa y sabor a fiesta>. Trátase dun libro singular que se irá
actualizando de ano en ano e que recolle as festas de interés turístico
internacional, nacional ou autonómico dos 62 concellos da provincia e as praias
da provincia con bandeira azul.
Na provincia de
Pontevedra concentranse, en apenas 70 kilómetros, 59 praias con bandeira azul.
Sanxenxo, Cangas, Vigo e O Grove son os concellos que máis distincións
atesoran.
A presenza de Rias
Baixas en Fitur e os actos nos que
participe poderá ser seguida dende Internet, a través da web da
Deputación.
No hay comentarios :
Publicar un comentario