Dentro da campaña “Come Local” levada a cabo por SLOW FOOD COMPOSTELA para a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), celebraranse unha serie de eventos gastronómicos pensados para poñer en valor os produtos galegos con certificado de calidade: D.O.P. (Denominación de Orixe Protexida), I.X.P. (Indicación Xeográfica Protexida), D.O. (Denominación de Orixe), I.X. (Indicación Xeográfica) e produtos ecolóxicos de proximidade, como ferramentas de trazabilidade e transparencia para resaltar a orixe do produto.
Unha das iniciativas que se levará a cabo, será un pequeno roteiro chamado “Xantares de Vagar”, no que se evocará as catro tempadas gastronómicas e que percorrerá as catro provincias galegas. Comezaremos en Barreiros (Lugo) onde evocaremos os alimentos da primavera, o vindeiro Sábado 5 de setembro ás 13,30 horas no Hotel***Restaurante Rías Altas (Barreiros-Lugo)
Os asistentes serán única e exclusivamente bloggers gastronómicos, membros dos consellos reguladores e autoridades pertinentes cun límite de 20 persoas para acollernos ás recomendacións establecidas actualmente pola Xunta de Galicia. Tamén contarase in situ, en cada un dos xantares, cunha experta en Seguridade Alimentaria que nos guiará e se asegurará do correcto cumprimento do protocol establecido polo Ministerio que hai que seguir neste tipo de acontecementos. Dentro deste grupo de participantes, estarán membros do grupo gastronómico Galicia Gastro y "El Viajante Gourmet"
Dentro deste grupo de participantes, estarán o viaxeiro gourmet e membros de Galicia Gastro
No hay comentarios :
Publicar un comentario