O último fin de
semán de septembro celebrarase en Cotobade a terceira edición do
concurso de tapas. Nesta edición haberá cambios, introdúcese un concurso
de fotos, o #SelfieTapa, trátase de facer un selfie con unha das tapas
do concurso e compartila no Facebook de Cotobade en Festas (plataforma
que se emprega para achegar ás redes socias as actividades e festas que
se celebran en todo o concello), a foto con máis Me Gustas recibirá un
Bono por valor de 20€ a gastar no establecemento ó que pertence a tapa
da foto gañadora!!! Con íste concurso preténdese achegar a xente máis
xoven ós establecementos da zona aproveitando a importancia das novas
tecnoloxias.
Este ano, gracias a axuda do Concello, os
ruteiros poderán atopar toda a información referente ó concurso nús
folletos onde se incluirá un mapa de Cotobade cós establecementos e as
estradas polas que chegar a eles, as bases do concurso, os horarios e os
establecementos participantes!!!
A dinámica do
#CotobadeenTapas varía un pouco para a terceira edición, este ano para
que a papeleta cós votos sexa válida haberá que recorrer todos os
lugares participantes, é dicir, ter 7 selos na papeleta.
Tamén,
despois de manter unha reunión cós establecementos, chegouse ó acordo
de subir un euro o precio anterior, quedando o concurso en TAPA + BEBIDA
a 2,50€; era unha medida demandada polos establecementos participantes e
vendo a calidade na maioría das tapas dos anos anteriores, o esforzo e a
orixinalidade considerouse adoptar a medida, coa esixencia de que se
mantiveran como mínimo as mesmas condicions á hora de elaborar a tapa
concursante e esforzándose ese fin de semán para que a terceira edición
sexa un éxito!!!
Por último, na Terceira edición de Cotobade
en Tapas teremos a pracer de contar coa participación do grupo de
bloggers Galicia Gastro, onde os seus membros farán de xurado profesional, elixirán a tapa que máis lle guste e darán conta nas redes
socias da gastronomía de Cotobade, este grupo está formado por Luis
Domenech autor do blog <La Buena Pitanza>; a blogger gastronómica e
cociñeira Rocio Garrido <La Cocina de Mi Abuelo> e autora do
libro "Cociñando coas Razas"; José Crusat, experto en viños, bodeguero e
blogger do <Del Comercio y Del Bebercio>; o fotógrafo e blogger
Xoan Arco da Vella de <O Paraiso Existe ven ao Morrazo>; Faustino
Batallán representando a @GastroyPolitica; Mark Auchincloss guía
turístico e blogger do portal <My Destination Galicia>; e Nicolás
Varela, experto en marketing dixital.
Este ano haberá un pequeno agasallo para os ruteiros que decidan facer o Cotobade en Tapas!!
No hay comentarios :
Publicar un comentario