Vila de Cruces convírtese o 21 de Decembro no epicentro do Galo de Mos de Curral en Galicia cunha xornada ecogastronómica





A FEIRA
A FEIRA DE NADAL DO GALO DE MOS DE CURRAL DE VILA DE CRUCES vense celebrando dende hai 15 anos, para facilitar aos consumidores a compra dos seus galos e galiñas de Mos de Curral, raza autóctona galega, de cara ás celebracións gastronómicas das festas do Nadal. 
Esta feira complementa a Feira do Galo de Curral de Vila de Cruces, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, e que no verán de 2015 celebrará á súa XXII edición.
A partir das 11 horas abriráse ao público un posto de venta do Galo de Mos de Curral na Praza de Abastos de Vila de Cruces, abastecido por productores da comarca, que podrá a disposición dos asistentes decenas de exemplares.

O GALO DE MOS DE CURRAL DE VILA DE CRUCES
O Galo de Mos de Curral de Vila de Cruces é un producto de alta calidade. O seu segredo baséase en que os galos son alimentados de maneira totalmente natural con cereais durante un mínimo de nove meses, aínda que alcanza a súa plenitude aos doce. Chegado ese momento, sacrifícase e cocíñase de maneira tradicional.
Pertence á Rede Europea de Patrimonio Gastronómico grazas á grande calidade da súa carne, con moi pouca graxa, un sabor intenso e unha textura firme.

PROGRAMA DO 21 DE DECEMBRO
11 horas.-   Apertura da venta ao público de Galos de Mos de Curral. Lugar: interior da Praza de Abastos.
Apertura da II Exposición Nacional
de Razas Autóctonas
con máis de 150 aves. Lugar: Praza da Igrexa
12 horas.- I Xornada Culinaria de Ecogastronomía. Lugar: Praza do Concello.

Unknown #Gastronomía y #Turismo de #Galicia 2.0

Equipo de bloggers que promocionan la #gastronomía y el #turismo de #Galicia desde el 2.0

No hay comentarios :

Publicar un comentario