Galiciagastro participa no #blogtrip de #aEstrada


Este sábado 10 de xaneiro varios membros de Galicia Gastro foron invitados a coñecer un pouco máis do concello da Estrada a través dun #blogtrip que organizou o concello. Aquí vos deixamos as nosas recomendacións para visitar este concello.

1. Pazo de Oca

A primeira parada foi visitar o Pazo de Oca, considerado como o Versalles galego polos seus xardíns. Este pazo forma parte da Ruta das Camelias e a pesares de ter un día de néboa descubrimos un pouco máis do historia deste pazo, dos seus xardíns, ... Din que a néboa en Galicia é arte e podemos dar boa fe de que neste pazo convírtese en arte pois si nun día soleado os xardíns nos van a sorprender un día de néboa tamén o van facer xa que lle da un ambiente de morriña ao entorno.


Uns xardíns para perderse entre camelias, árbores centenarias, un bosque de conto, laberintos, galerías vexetais e un amplo paseo de tilos. Entre regatos, estanques, lavadoiros, entre froiteiras e a horta. Anotade nas vosas axendas unha visita a este pazo e os seus xardíns.



2. Areal de Berres

Situado na parroquia de Berres atopámonos cunha área recreativa natural a beira do río Ulla e conta con praia fluvial. Un espazo que merece ser coñecido tanto polo seu entorno como polas esculturas e rincóns que ali podemos atopar.


3.  Sibra Ribela

Nada mellor que facer unha parada para tomar unha sidra natural feitas coas mazás deste concello e sobretodo con moito agarimo: sidra Ribela. Onde recuperaron unha vella tradicción sidreira nesta parroquia onde os lagares de sidra veñen de moi antigo. Ademáis de tomarnos unha boa sidra puidemos degustar os queixos do concello e os embutidos de Monte Cabalar e nada mellor que probar a novidade da sidrería: Bagoas da choiva.


4. Comer un bo cocido. 

Estamos en época de cocido e nada mellor que degustar un bo cocido, nesta ocasión o degustamos en Casa Pastora, en todo o concello da Estrada temos numerosas casas ruraís para quedarnos a dormir e a comer para así poder disfrutar dos entornos que nos ofrecen.

5. Xenerais da Ulla

Dentro dun mes estaremos en plenas festas de Entroido e os Xenerais da Ulla quixeron acercarse a amosarnos os seus traxes, a súa historia e a súas parodias. Tamén se acercou o padre Xiao outro dos grandes protagonistas do Entroido estradense que se achegou a bendecir a mesa dándonos un sermón con moita retranca.


Por iso dende Galicia Gastro vos convidamos a coñecer A Estrada.
Rocio Cocina Abuelo #Gastronomía y #Turismo de #Galicia 2.0

Equipo de bloggers que promocionan la #gastronomía y el #turismo de #Galicia desde el 2.0

2 comentarios :

  1. Esas filloas caladas e ese cocido con ovos cocidos (eu nunca vira tal) Qué rico estaba todo e que bonito post!! Moitos parabéns!! Encantada de compartir mesa con vos :D

    ResponderEliminar
  2. Foi un pracer Rocío! Seguro que pronto teremos unha oportunidade de compartir máis experiencias!!!

    ResponderEliminar