A Vosa Taberna gaña os premios do público e xurado profesional no III #CotobadeenTapas



Na xornada de onte sábado, o salón de plenos do Concello de Cotobade acolleu a entrega dos premios da III edición de #CotobadeenTapas, que tivo lugar o pasado mes de setembro.

Os premios entregados foron os da #SelfieTapa, que acadou Arturo Casal cunha foto con máis Me Gustas no facebook de "Cotobade en Festas" e que recibiu un Bono por valor de 20€ a gastar no establecemento ó que pertence a tapa da foto gañadora!!! Con íste concurso preténdíase achegar a xente máis xoven ós establecementos da zona aproveitando a importancia das novas tecnoloxias. Tamén gracias á colaboración de Bodegas Fermenta, o gañador recibiu como agasallo un pack de varias cervexas artesanas desta empresa que ten situadas as súas instalacións en Mourente, Pontevedra


No apartado dos premios a locais que foron entregados polo alcade de Cotobade, Jorge Cubela, os outorgados polo público foron en 3º lugar para Café-Bar A Chan, en 2º lugar para Casa Blanco e acadou o primeiro posto A Vosa Taberna. Por parte do xurado profesional composto polos membros de Galicia Gastro, A Vosa Taberna, tamén foi a merecedora deste premio profesional do III #CotobadeenTapas.


 O grupo de bloggers Galicia Gastro, que fixeron de xurado profesional, elixiron a tapa que máis lle gustou baseándose na creatividade, no sabor, ou na presentación entre outras cualidades. O grupo que desta volta contou como Presidente do xurado con Miguel Mosteiro, chef do Restaurante Chicolino e de IN9 Eventos, tamén está formado por Luis Domenech autor do blog <La Buena Pitanza>; a blogger gastronómica e cociñeira Rocio Garrido <La Cocina de Mi Abuelo> e autora do libro "Cociñando coas Razas"; José Crusat, experto en viños, bodeguero e blogger do <Del Comercio y Del Bebercio>; o fotógrafo e blogger Xoan Arco da Vella de <O Paraiso Existe ven ao Morrazo>; Faustino Batallán representando ao blog @GastroyPolitica; Mark Auchincloss guía turístico e blogger do portal <My Destination Galicia>; e Nicolás Varela, experto en marketing dixital.
 
Galicia Gastro #Gastronomía y #Turismo de #Galicia 2.0

Equipo de bloggers que promocionan la #gastronomía y el #turismo de #Galicia desde el 2.0

No hay comentarios :

Publicar un comentario