A segunda edición do campionato de tiraxe de cervexa dalle mañá o pistoletazo de saída ao Destapa Vilagarcía



 

gañador recibirá o seu peso en cervexa

concurso celebrarase na praza de Galicia ás 13 horas

 

Vilagarcía, 16 de xuño de 2015. Aínda que a degustacióndas tapas no dará comezo ata pola tarde o Destapa Vilagarcía terá mañá ao mediodía como anticipo unha nova edición do Campionato de Tiraxe de Cervexa‘Mahou – Destapa Vilagarcía’, no que poderán participar os 20 establecementos inscritos na ruta.

A proba desenvolverase, de xeito público, no espazo situado entre de Galicia e a rúa Alcalde Rey Daviña a partir das 13 horas. Os participantes no campeonato deberán pasar unha primeira eliminatoria na que terán queservir dúas canas de Mahou Clásica en dous minutos. 

O xurado valorará a actividade de cada participante puntuando, en base a uns parámetros previamente establecidos, o estilo, técnica e forma de tirar a cervexa, o acabado, cremosidade da escuma e limpeza, así como a súa presentación.

Desta primeira eliminatoria sairán os catro finalistas que de novo deberán servir dúas canas, esta vez en minuto e medio

En función dos mesmos criterios o xurado determinará aocampión do II Campionato de Tiraxe de Cervexa ‘Mahou-Destapa Vilagarcía’ que recibirá como premio o seu peso en cervexa e un diploma acreditativo. O segundo e o terceiro clasificado recibirán tamén un diploma acreditativo.

O xurado estará composto por un blogueiro e xornalista gastronómico da publicación La Alacena Rojaun representante de Mahou e un hostaleiro de Vilagarcía.

Galicia Gastro #Gastronomía y #Turismo de #Galicia 2.0

Equipo de bloggers que promocionan la #gastronomía y el #turismo de #Galicia desde el 2.0

No hay comentarios :

Publicar un comentario