A #SelfieTapa:As redes sociais protagonistas do III #CotobadeenTapas



O último fin de semán de septembro celebrarase en Cotobade a terceira edición do concurso de tapas. Nesta edición haberá cambios, introdúcese un concurso de fotos, o #SelfieTapa, trátase de facer un selfie con unha das tapas do concurso e compartila no Facebook de Cotobade en Festas (plataforma que se emprega para achegar ás redes socias as actividades e festas que se celebran en todo o concello), a foto con máis Me Gustas recibirá un Bono por valor de 20€ a gastar no establecemento ó que pertence a tapa da foto gañadora!!! Con íste concurso preténdese achegar a xente máis xoven ós establecementos da zona aproveitando a importancia das novas tecnoloxias.
Este ano, gracias a axuda do Concello, os ruteiros poderán atopar toda a información referente ó concurso nús folletos onde se incluirá un mapa de Cotobade cós establecementos e as estradas polas que chegar a eles, as bases do concurso, os horarios e os establecementos participantes!!!

A dinámica do #CotobadeenTapas varía un pouco para a terceira edición, este ano para que a papeleta cós votos sexa válida haberá que recorrer todos os lugares participantes, é dicir, ter 7 selos na papeleta. 
Tamén, despois de manter unha reunión cós establecementos, chegouse ó acordo de subir un euro o precio anterior, quedando o concurso en TAPA + BEBIDA a 2,50€; era unha medida demandada polos establecementos participantes e vendo a calidade na maioría das tapas dos anos anteriores, o esforzo e a orixinalidade considerouse adoptar a medida, coa esixencia de que se mantiveran como mínimo as mesmas condicions á hora de elaborar a tapa concursante e esforzándose ese fin de semán para que a terceira edición sexa un éxito!!!
Por último, na Terceira edición de Cotobade en Tapas teremos a pracer de contar coa participación do grupo de bloggers Galicia Gastro, onde os seus membros farán de xurado profesional, elixirán a tapa que máis lle guste e darán conta nas redes socias da gastronomía de Cotobade, este grupo está formado por Luis Domenech autor do blog <La Buena Pitanza>; a blogger gastronómica e cociñeira Rocio Garrido <La Cocina de Mi Abuelo> e autora do libro "Cociñando coas Razas"; José Crusat, experto en viños, bodeguero e blogger do <Del Comercio y Del Bebercio>; o fotógrafo e blogger Xoan Arco da Vella de <O Paraiso Existe ven ao Morrazo>; Faustino Batallán representando a @GastroyPolitica; Mark Auchincloss guía turístico e blogger do portal <My Destination Galicia>; e Nicolás Varela, experto en marketing dixital.

Este ano haberá un pequeno agasallo para os ruteiros que decidan facer o Cotobade en Tapas!!
Galicia Gastro #Gastronomía y #Turismo de #Galicia 2.0

Equipo de bloggers que promocionan la #gastronomía y el #turismo de #Galicia desde el 2.0

No hay comentarios :

Publicar un comentario